Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os puntos de vacinación contra a covid terán novos horarios desde esta semana

Os puntos de vacinación contra a covid terán novos horarios desde esta semana

Poden consultarse na páxina web do Sergas sobre vacinación da covid

Son para aqueles que queiran comezar ou completar a pauta ou para a dose de reforzo

G24.gal 09/04/2023 19:51 Última actualización 09/04/2023 22:30

Os puntos de vacinación da covid estrean mañá novos horarios.  Son para comezar ou completar a pauta ou para a dose de reforzo. Vanse facer en 14 centros hospitalarios das sete áreas sanitarias con horarios que varían en función do centro.

Por exemplo, no hospital clínico de Santiago será os luns e martes de once e media a dúas e media da tarde. En Ourense vacinarán de martes a sábado, ás mañás, e os luns pola tarde. Lugares e horarios poden consultarse na web do Sergas sobre vacinación da covid. E para non ter que esperar, Sanidade recomenda a cita previa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade