A pasaxeira de Ponteareas e o condutor do autobús declaran ante a Garda Civil
A pasaxeira de Ponteareas e o condutor do autobús declaran ante a Garda Civil
Os expertos investigan se hai máis causas que a auga acumulada na estrada
O Grupo especial de Atestados da Garda Civil tomoulle declaración a María del Rosario González Rocha no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde permanece ingresada desde hai dous días. O condutor do autobús, Carlos Monzón, vaino facer nos próximos minutos na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
As súas versións van sen claves nunha investigación á que xa lle quedan poucas fases.
Os axentes remataron a análise dos sistemas electrónicos do autobús, que permanece na cocheira da empresa en Pontevedra. Ademáis, escaneárono e compárarano con outro semellante.
Tamén está concluída a reconstrución do accidente na ponte de Pedre. Alí recompliaron información sobre a drenaxe da estrada e a freada do autobús. Tamén captaron imaxes que servirán para recrear o viaducto en tres dimensións.
Agora os axentes terán que elaborar un informe e determinar se a gran poza de auga que había na estrada foi a única causa do sinistro.
O funeral polos sete falecidos vai ser este venres en Lalín e será presidido polo obispo de Lugo.