A Pastoriza ten nove veces máis vacas ca veciños
A Pastoriza ten nove veces máis vacas ca veciños
Son 27.444 cabezas de gando fronte a 2.963 habitantes
Hai 157 vacas por quilómetro cadrado
2.963 habitantes e 27.444 vacas. Tal é a desproporción entre gando e persoas na Pastoriza. A abundancia de grandes explotacións, sobre todo leiteiras con máis de 300 animais, explican esta relación de máis nove vacas por persoa. Cada vez hai menos veciños pero as cabezas de gando e a produción de leite e carne non deixan de medrar. Tradición gandeira e calidade da terra favorecen a Pastoriza na súa sá competencia con Lalín e Mazaricos por ser o concello con máis vacas censadas.
A cantidade de vacas da un enorme pulo a economía da Pastoriza pero leva parellos tres problemas que poden empeorar co tempo. Falta de man de obra nas granxas, escaseza de leiras para cultivar parte do alimento das vacas e mesmo pouca disponibilidade de vivenda para as persoas que van traballar nas explotacións ou nos servizos auxiliares a gandería.
No concello lindeiro, Castro de Rei, superan xa as 20.000 vacas censadas. En situación totalmente contraria está Cenlle, en Ourense, onde só teñen 7 animais. Noutros 22 concellos galegos non hai rexistrada ningunha vaca.