Publicador de contidos
Publicador de contidos

A patronal láctea pide cambios estruturais para incentivar a produción de leite

A patronal láctea pide cambios estruturais para incentivar a produción de leite

O director xeral da Federación Nacional de Industrias Lácteas, Luis Calabozo, insiste en que a redución da produción de leite en España non está relacionada tanto cos prezos que lles pagan aos gandeiros como con causas estruturais

Calabozo advirte que os altos prezos que lles levan pagando aos produtores no que levamos de ano, en relación coa media europea, lastran a competitividade do sector

G24.gal 05/10/2023 10:04

O Barómetro do sector lácteo elaborado pola Federació Nacional de Industrias Lácteas (FENIL) detecta un aumento importante das importacións de leite de fóra de España, sobre todo de elaborados, como o queixo, e un descenso do consumo interior de leite e produtos lácteos españois. 

O director xeral da FENIL, Luis Calabozo, apunta á inflación como un dos factores clave deste descenso. 

"Analizando o mercado internacional e o interior, é evidente que a perda de produto elaborado con leite español, tanto no mercado nacional como no internacional, nun contexto de inflación no que o consumidor, sobre todo nacional, se decanta por un produto máis barato, ademais de caer o volume fundamentalmente de produto español e isto é o que parece que condicione".

Calabozo insiste en que a perda de competitividade da industria láctea española se debe en gran medida a que o prezo do leite en orixe, o que se lle paga os gandeiros españois, é no que levamos de ano o máis alto da Unión europea.    

"É evidente que un dos factores de competitividade é o prezo pagado ao gandeiro en orixe que neste momento é récord histórico e o maior da Unión europea. O diferencial é tan grande que desde logo explica unha gran parte das dificultades que temos para que o consumidor español se decante polos produtos lácteos españois".

O director Xeral da FENIL pon especialmente o foco sobre o feito de que, malia o aumento de prezos en orixe, a produción de leite en España non se dá incrementado. 

"Malia estes aumentos de prezos en orixe non houbo ningún estímulo na produción neste país de leite de vaca, pero tampouco de ovella ou cabra, que é aínda peor, porque a situación dos queixos é máis preocupante".

O executivo da patronal láctea aposta por reproducir en cada territorio aqueles modelos de explotación que se demostran rendibles e resilientes ás flutuacións do mercado do leite.

"Hoxe hai ganderías que mesmo con esta volatilidade dos mercados están gañando e son rendibles á vez que competitivas. Se un non é rendible non é nin competitivo nin nada, pero se non é competitivo todo o sector primeiro diminúe de tamaño e logo vai desaparecendo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade