Publicador de contidos
Publicador de contidos

A plataforma Vía Galega reivindica as nosas seleccións deportivas

A plataforma Vía Galega reivindica as nosas seleccións deportivas

A exposición 'Un pobo, unha selección' amosa en 20 paneis informativos toda a potencia do noso deporte

Foto Vía Galega
G24.gal 22/12/2021 13:12

Cunha campaña de recollida de sinaturas, un manifesto e unha exposición itinerante que chegará a 30 concellos galegos, e que xa pode verse no Museo do Pobo Galego, a plataforma Vía Galega reivindica as nosas seleccións deportivas.

De hoxe en sete días vanse cumprir os 16 anos da recuperación da selección de fútbol con aquel histórico Galicia-Uruguai disputado en San Lázaro, despois de 70 anos do último partido da Irmandiña.

As máis de 60 asociacións que forman Vía Galega, suman aos seus obxectivos o da igualdade de xénero e a defensa dos nosos deportes de seu nun contexto no que entenden que Galicia, mentres se manteña o actual marco legal que impide as competicións oficiais, debe dar un primeiro paso.

A exposición 'Un pobo, unha selección' amosa en 20 paneis informativos toda a potencia do noso deporte.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade