A Policía Nacional de Vilagarcía desenvolve unhas xornadas pola igualdade no deporte
A Policía Nacional de Vilagarcía desenvolve unhas xornadas pola igualdade no deporte
Acabar con todo tipo de discriminación ou intolerancia, eliminar barreiras e acadar o máximo nivel de igualdade é o obxectivo de tres días de activdades
Fomentar a tolerancia no ámbito do deporte para estender despois os valores da igualdade ao resto dos aspectos da vida persoal e social. Ese é o obxectivo das xornadas que organizou a Policía Nacional en Vilargarcía, nas que estes días participan todos os colexios e asociacións deportivas do Concello.
"Desde o momento en que comezamos clubs implicáronse moito en facer este labor de difusión dunha mensaxe contra a intolerancia", declarou Luís Hombreiro, o xefe da comisaría da Policía Nacional en Vilagarcía.
Hoxe centráronse no machismo, coa mensaxe de que debemos aprender a recoñecelo e evitalo tamén nos pequenos xestos.