A policía busca tres persoas involucradas nun tiroteo en Narón
Os veciños identificaron tres persoas na rúa, escoitaron tres disparos e un deles causou o burato nun portal
A policía busca tres homes involucrados nun tiroteo e que fuxiron a pé da zona da estrada de Castilla, en Narón. Deixaron un burato de bala nun portal e moito medo entre a veciñanza do barrio.
Aínda que fontes policiais desvinculan o suceso da existencia dunha discoteca próxima, son moitos nesa zona os que sinalan que dende que abriu hai un par de anos os problemas son constantes.
Os veciños identificaron tres persoas na rúa e escoitaron tres disparos e un deles causou o burato nun portal. Cando chegaron as patrullas da Policía Nacional e Local os responsables xa fuxiran do lugar.
A Policía Científica buscou ata altas horas probas do acontecido para tratar de dar canto antes coas persoas implicadas no tiroteo.