Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía busca un home que acoitelou unha muller nun piso de Córdoba

A policía busca un home que acoitelou unha muller nun piso de Córdoba

O suposto autor do acoitelamento tiña unha orde de afastamento da vítima

G24.gal 06/06/2024 14:28

En Córdoba, a Policía Nacional busca un home como presunto autor do acoitelamento dunha muller nun piso da cidade. A vítima, de 30 anos, permanece ingresada nun hospital local e non se teme pola súa vida.

Un veciño que escoitou a muller pedir axuda foi o que alertou o servizo de emerxencias. O presunto agresor, xa identificado, tiña unha orde de afastamento da vítima decretada polo xulgado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos