Centos de mozos quedaron atrapados nunha discoteca de Lugo durante a Noitevella
Centos de mozos quedaron atrapados nunha discoteca de Lugo durante a Noitevella
Cando se anunciou o peche do local houbo un colapso na zona do roupeiro onde practicamente a totalidade dos asistentes amoreáronse nunhas escaleiras
Axentes da Policía Local e Nacional de Lugo axudaron a evitar unha traxedia durante unha festa de Noitevella nunha coñecida sala de concertos da cidade, a sala Tebras, arredor das 6 da maña ao remate dunha festa á que acudiron unhas 600 persoas.
Todo transcorreu con normalidade ata ese momento, pero cando se anunciou o peche do local houbo un auténtico colapso na zona do roupeiro, onde practicamente a totalidade dos asistentes se amorearon nunhas escaleiras. Houbo momentos de pánico, algunha pelexa e moitos chamaron a policía para que os axudase a saír.
Finalmente así foi e varias patrullas axudaron ao desaloxo da sala, que se completou un par de horas despois da hora de peche oficial. Os servizos sanitarios tiveron que atender algún mozo por ataques de ansiedade e a policía abriu unha investigación para esclarecer se realmente se cumpría esa capacidade de arredor de 600 persoas.