Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía do Porriño rescata un bebé con hipotermia canda o seu pai bébedo

A Policía do Porriño rescata un bebé con hipotermia canda o seu pai bébedo

O home que tiña o pequeno de 26 días nas mans trataba de darlle o biberón

A nai, localizada polos axentes, levaba horas buscándoos sen saber do home nin do neno

Vehículo da Policía Local do Porriño que trasladou ao bebé ao hospital en Vigo
G24.gal 07/01/2023 15:36 Última actualización 07/01/2023 21:03

A Policía Local do Porriño rescatou na noite de Reis un bebé con síntomas de hipotermia. O bebé, de 26 días, estaba canda seu pai, na vía pública na estrada de Torneiro a Mosende.

O pai estaba bébedo e trataba de darlle o biberón ao cativo. Os axentes foron alertados por unha chamada telefónica. A nai estivera toda a tarde tratando de localizar o pai.

A Policía trasladou o bebé, que estaba grave, canda a nai ao hospital Álvaro Cunqueiro. Fixérono no coche patrulla para poder poñer a calefacción a máis de 24 graos, seguindo as indicacións dos sanitarios ante un caso de hipotermia.

Xa no hospital o cativo foi reanimado con éxito. O caso xa está na Fiscalía de menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade