A Coruña está nunha "situación extrema" pola falta de axentes policiais, segundo o SUP
A Coruña está nunha "situación extrema" pola falta de axentes policiais, segundo o SUP
O sindicato policial mantén que no suceso da Grela non lles quedou máis remedio que usar a arma regulamentaria
Din que o falecido polos disparos policiais arremeteu contra os axentes cunha barra metálica
O home de 35 anos estivera golpeando cunha barra de ferro nos cristais dos coches da avenida de Arteixo e tamén nalgún caixeiro da Rúa de San Andrés, coa intención supostamente de facerse con algo de cartos. Tras desobedecer os primeiros avisos da policía, e ante a súa actitude moi violenta, os axentes utilizaron a pistola táser tamén sen éxito.
A Policía Nacional finalmente abateuno nas inmediacións do polígono da Grela nun descampado situado ao carón das antigas vías do tren. A comisión xudicial para o levantamento do cadáver foi contra a unha e media do mediodía coa zona xa acordoada. Desde o Sindicato Unificado de Policía Nacional solicitan que a súa profesión se declare de risco.
Os axentes tiveron que pedir reforzos aos policías municipais, o que, segundo eles, amosa a carencia de persoal que padece o corpo da Coruña e que levan tempo denunciando. Os resultados da autopsia poderán dar máis datos sobre esta morte.