A Policía Nacional desartella un punto negro de venda de heroína en Santiago
A Policía Nacional desartella un punto negro de venda de heroína en Santiago
A operación rematou con dous detidos por tráfico de drogas e tenza ilícita de armas
O punto de venda estaba nunha vivenda da rúa do Home Santo
A estreita colaboración entre a Policía Nacional e as asociacións veciñais permitiu desartellar un dos principais puntos de venda de heroína en Santiago. Localizábase nun piso desta vivenda da rúa do Home Santo. Na zona xa notan o cambio.
"Aquí nesta rúa había movemento de drogas, e na última semana foi a menos", di unha veciña.
O principal investigado tiña antecedentes por delitos similares e xa ingresou en prisión. Nos rexistros, que tiveron lugar na vivenda e neste club de alterne de Oroso, non só se localizou unha importante cantidade de droga.
"Coa investigación e o posterior ingreso en prisión do principal investigado, non só damos por desartellado un punto negro de venda de estupefacientes. Tamén damos por cortada a principal vía de distribución de heroína na cidade", explica César Ramos, inspector e voceiro da Policía Nacional en Santiago.
O principal investigado tiña antecedentes por delitos similares e xa ingresou en prisión. Nos rexistros, que tiveron lugar na vivenda e neste club de alterne de Oroso, non só se localizou unha importante cantidade de droga.
"Había 80 gramos de heroína, 300 de haxix, cocaína, cartos en efectivo e básculas para pesar droga. Ademais, o principal investigado tiña dúas armas de fogo e munición, polo que tamén se lle imputou un delito de tenza ilícita de armas", engade o inspector.
Ademais, o detido usaba un vehículo de alta gama para distribuír a heroína na cidade, pero carecía de permiso de conducir, motivo polo que tamén sumou un delito contra a seguridade do tráfico.