Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Nacional detén un dos maiores distribuidores de haxix en Santiago

A Policía Nacional detén un dos maiores distribuidores de haxix en Santiago

Unha longa investigación permitiu a exitosa operación antidroga 

G24.gal 02/08/2024 13:47

A detención dun home en Santiago permitiu desartellar un dos maiores puntos de distribución de haxix na capital galega e na súa contorna.

O operativo producíase hai uns días na rúa da Muíña, no barrio compostelán de San Lázaro. Grazas á intervención en varios puntos negros da cidade e a unha investigación de varios meses de duración, a Policía Nacional chegou ata esta persoa que abastecía de haxix a toda a zona de Santiago e a súa area de influencia en grandes cantidades.

O detido movíase utilizando diversos vehículos de alta gama e utilizaba moitas medidas se seguridade, o que dificultou a investigación ata atopar o lugar onde agochaba ata 17 quilos desa substancia estupefaciente.

A operación tivo lugar tras unir pegadas doutras detencións a menor escala de distribuidores que obtiñan a droga deste presunto traficante, que contaba xa con antecedentes policiais. O acusado enfróntase agora a un delito agravado de tráfico de drogas con penas de ata 4 anos e medio de prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade