Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Nacional detén en Narón dúas persoas con catro quilos de heroína

A Policía Nacional detén en Narón dúas persoas con catro quilos de heroína

Transportaban a droga desde Madrid a Ferrolterra agochada baixo os axentos do coche

Os arrestados ingresaron en prisión acusados dun delito contra a saúde pública 

G24.gal 23/12/2022 11:36

A Policía Nacional detivo dúas persoas que transportaban desde Madrid a Ferrol máis de 4 quilos de heroína nun vehículo caleteado (habilitado para o transporte de droga).

Os axentes interceptaron o coche na localidade de Narón mentres extraían a droga das 'caletas' habilitadas baixo os asentos, informaron fontes policiais nun comunicado. A droga aprehendida podería xerar máis de 35.000 doses.

Tras establecer distintos dispositivos de seguridade, os axentes detectaron o vehículo cando circulaba en dirección á comarca de Ferrol, localizándoo máis tarde no aparcamento dun supermercado de Narón mentres os agora detidos extraían a droga.

Unha vez realizadas as probas de reactivos ás substancias, os axentes puideron determinar que se trataba de heroína cun peso de 4.100 gramos que os arrestados pretendían comercializar na zona.

A autoridade xudicial decretou o ingreso en prisión dos dous arrestados como presuntos responsables dun delito contra a saúde pública. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade