Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Nacional detén por posible maltrato os pais dun bebé de tres meses ingresado con fracturas

A Policía Nacional detén por posible maltrato os pais dun bebé de tres meses ingresado con fracturas

Os facultativos detectaron fracturas óseas nas costelas e outras lesións que, en principio, parecen incompatibles con situacións accidentais

G24.gal 30/05/2024 10:05

Os pais dun bebé de tres meses, un home de 25 anos e unha muller de 29, foron detidos pola Policía Nacional de Alacante por posibles malos tratos ao pequeno, despois de que os médicos lle detectaran media ducia de fracturas nas costelas.

Segundo confirmaron a EFE fontes do caso, o bebé foi ingresado no Hospital Xeral Doctor Balmis de Alacant a comezos do presente maio por unha infección respiratoria, pero os facultativos detectaron fracturas óseas nas costelas e outras lesións que, en principio, parecen incompatibles con situacións accidentais.

Os pais, ambos españois e que residen en Dénia, foron detidos este luns e atribúenlles esas lesións previas ao ingreso sanitario, así como tamén outras xa durante os días de estancia no hospital consistentes en hematomas na boca, pescozo e fronte do bebé.

Os arrestos foron efectuados por axentes do Grupo de Menores da Unidade de Familia e Muller (UFAM) da comisaría provincial do Corpo Nacional de Policía de Alacant.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade