Investigan se o acoitelamento dunha muller en Madrid é un crime machista
Investigan se o acoitelamento dunha muller en Madrid é un crime machista
Atopárona con numerosas feridas de arma branca na escaleira dun edificio
A Policía busca un home como o suposto autor do crime
A Policía Nacional investiga a morte dunha muller no barrio de Villaverde, en Madrid, e non descarta ningunha hipótese, incluído o crime machista. Atopárona con varias feridas de arma branca nas escaleiras dun edificio de vivendas.
Neste edificio de vivendas do barrio madrileño de Villaverde foi onde apareceu ferida de morte unha muller de trinta e seis anos. Suponse que saíu dun piso e que puido baixar unhas poucas escaleiras ata que se esvaeceu.
Tiña numerosas feridas de arma branca no peito e no pescozo. A pesar de que a Policía primeiro e logo o persoal do SAMUR trataron de reanimala, finalmente tiveron que confirmar a defunción.
A Policía Científica e especialistas en homicidios ocúpanse da investigación. Non descartan que se trate dun novo caso de violencia machista e buscan un home como suposto responsable do crime.