Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía paraliza unha carreira ilegal en Cecebre que remata con seis denuncias e un xuízo rápido

A policía paraliza unha carreira ilegal en Cecebre que remata con seis denuncias e un xuízo rápido

Un dos pilotos enfróntase a unha pena de cadea que vai entre os seis meses e os dous anos

G24.gal 28/09/2022 14:34

Conducían a alta velocidade e de xeito agresivo por unha estrada de Cecebre, moi preto do encoro, cando dous axentes da Garda Civil e cinco da Policía Local déronlles o alto.

O primeiro dos condutores minorou a marcha, pero, cando se estaba achegando aos axentes, volveu acelerar e fuxiu. Conseguiron localizalo pouco despois e, de xeito voluntario, compareceu na Policía Local de Cambre. Foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria por condución temeraria porque estivo a piques de atropelar varios axentes. 

Os outros cinco pilotos foron denunciados por vía administrativa.

Os veciños da zona levaban tempo denunciando as carreiras ilegais. Agora confían en que con esta actuación policial vaian desaparecendo este tipo de condutas temerarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade