Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía pide autorización xudicial para acceder aos datos do teléfono de Déborah

A policía pide autorización xudicial para acceder aos datos do teléfono de Déborah

O delegado do Goberno traslada o seu apoio á familia e di que o principal é esclarecer os feitos 

G24.gal 13/09/2022 15:12

A Policía pídelle autorización á xuíza do caso Déborah para acceder ao contido do teléfono atopado nas obras dunha comisaría de Madrid. Pensan que pode conter información relevante. Os axentes tamén piden poder dixitalizar varios vídeos que apareceron xunto ao móbil. A familia está convencida de que se trata do teléfono que utilizaba Déborah.

Ante a petición policial de acceder ao contido do terminal, os avogados solicitarán que neste exame estean os peritos de Lázarus Technology, os mesmos que analizaran o disco duro do ordenador e que descubriran que fora manipulado. Agora haberá que ver se se pode recuperar a información a pesar de non contar coa tarxeta SIM.

Mentres, a familia segue pendente da resolución da Audiencia de Pontevedra para que a causa que se segue contra o único investigado se desenvolva con xurado popular.  

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a raíz destas últimas revelacións en relación ao caso dixo este martes que "sempre imos estar coa familia. O que eles perseguen é o mesmo que perseguimos nós, que é que se esclarezan os feitos".

"Despois que se depuren tamén as necesarias consecuencias de todo o que está acontecendo", afirmou Miñones. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade