Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía recupera en Galicia quince pezas metálicas roubadas de xacementos arqueolóxicos

A Policía recupera en Galicia quince pezas metálicas roubadas de xacementos arqueolóxicos

Intentaban vender en Internet o material, datado entre os séculos VII e IV antes de Cristo

Parte das pezas arqueolóxicas recuperadas pola Policía Autonómica de Galicia Parte das pezas arqueolóxicas recuperadas pola Policía Autonómica de Galicia
G24.gal 16/04/2023 11:07

A Policía Autonómica de Galicia recuperou quince pezas metálicas de gran valor arqueolóxico, datadas na Idade Bronce e a época romana, que un particular intentaba vender por medio de Internet.

As actuacións no marco da operación Bronce, seguen abertas, e polo momento os axentes identificaron dúas persoas como supostas autoras dun delito contra o patrimonio histórico e outro de apropiación indebida.

A investigación comezou en marzo, cando a Policía Autonómica recibiu na súa web unha comunicación que avisaba da venda de patrimonio podía proceder do espolio dalgún xacemento arqueolóxico.

Os axentes corroboraron os datos e comprobaron que en Internet se ofertaban en varas páxinas de venda en liña pezas arqueolóxicas de varias épocas históricas por un importe medio de ata 700 euros cada unha.

Lograron identificar o vendedor, ao que lle requisaron os obxectos, e tamén ao propietario, que non puido acreditar a orixe do material. O Xulgado de Instrución de Ferrol e a Fiscalia provincial  da Coruña fixéronse cargo das dilixencias.

As quince pezas metálicas quedaron depositadas nun museo para a súa preservación e estudo e a disposición da autoridade xudicial.

As características das pezas indican que están datadas entre os séculos VII e IV antes de Cristo, e proceden de distintos xacementos arqueolóxicos afastados entre si.

A Policía acredita que o interese dos autores dos delitos era sacar rédito económico "incumprindo o deber de comunicarlles ás autoridades a localización e a posesión das pezas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade