Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía segue a investigar a autoría do atraco á man armada a un despacho de lotería en Lugo

A policía segue a investigar a autoría do atraco á man armada a un despacho de lotería en Lugo

Os axentes da Científica dispoñen xa de imaxes do asaltantes, que levaron 400.000 euros

Félix Aragunde 05/01/2024 13:44

A investigación para dar cos autores do asalto á administración de lotería de Lamas de Prado, en Lugo, segue o seu curso. Tras recoller mostras no local que axuden a identificalos, a Policía Científica dispón xa das gravacións das cámaras de videovixilancia deste negocio e doutros.

É o caso da lavandería que se encontra no cruzamento co Camiño Real. Nas imaxes apréciase que os dous asaltantes, que ían encapuchados, cruzaron dende a outra beira da rúa e accederon, co enreixado medio baixado, ao despacho de lotería, onde permaneceron durante oito minutos.

Foilles dabondo para ameazar o loteiro cunha pistola, baleirar a caixa forte e marchar cun botín de máis de 400.000 euros, correspondentes á recadación dos sorteos de Nadal e do Neno. Entrementres, a vítima dos feitos continúa co susto no corpo.

Guillermo Rodríguez Rozas, loteiro: "Custoume moito volver hoxe á administración. Son as datas que son, que é véspera de Reis. Temos moito traballo e hai que estar aquí. Se fose un día normal, se cadra collía o día libre e non viña hoxe, pero hai que tirar para adiante".

Malia identificárense os propios atracadores como de orixe colombiana durante o asalto á man armada, os investigadores non descartan hipótese ningunha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade