Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía sempre sospeitou que Nerea Añel non fuxira voluntariamente

A policía sempre sospeitou que Nerea Añel non fuxira voluntariamente

O lugar onde apareceu o cadáver de Nerea Añel centrou a terceira sesión do xuízo contra o que daquela era o seu noivo

Segundo declararon hoxe, a policía descartou desde o primeiro momento unha desaparición voluntaria da moza

G24.gal 21/02/2024 14:22

Para o inspector de policía que declarou nesta terceira sesión do xuízo, é imposible que Nerea caese no camiño e chegase accidentalmente ata o lugar onde apareceu o seu corpo.

O camiño hoxe en día está limpo, pero daquela, un 15 de xaneiro de 2020 preto das nove da noite, a frondosidade, asegurou o axente, non deixaba pasar a luz da lúa. Peitearon a zona en repetidas ocasións, a pé e con drons, pero Nerea non apareceu ata oito meses despois. Atopouna unha muller que tamén declarou nesta xornada, ao ver o seu can uliscando moi alterado.

O cadáver estaba debaixo dun tronco, ao pé do río Barbañica, que no mes de xaneiro ía cheo de auga, segundo o informe que a Confederación Hidrográfrica lle facilitou á policía.

Unha serie de circunstancias polas que a fiscalía e a acusación particular entenden que Julio intentou ocultar o corpo para eludir responsabilidades. Na próxima e derradeira sesión, declararán os peritos para dilucidar se Nerea se podería salvar se Julio acudise en busca de axuda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade