Cargando resultados...
A Policía Xudicial investiga a desaparición dos motores da narcolancha varada en Muxía
A Policía Xudicial investiga a desaparición dos motores da narcolancha varada en Muxía
Corresponden á narcolancha de case dez metros de eslora que apareceu na praia de Nemiña o pasado 24 de marzo
G24.gal
27/04/2023 22:05
Última actualización 27/04/2023 22:11
A Policía Xudicial da Garda Civil ten unha investigación aberta pola desaparición dos catro motores da narcolancha aparecida no municipio coruñés de Muxía.
Segundo informaron fontes policiais, os feitos atópanse baixo unha investigación da Policía Xudicial, aínda que polo momento non se dispón de máis datos.
A subtracción dos motores detectouse este mércores. Son os da narcolancha de case dez metros de eslora que apareceu na praia de Nemiña, en Muxía, o pasado 24 de marzo.