Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ponte deixa boas cifras de ocupación hoteleira nas Rías Baixas e dos albergues no Camiño

A ponte deixa boas cifras de ocupación hoteleira nas Rías Baixas e dos albergues no Camiño

G24.gal 29/04/2023 20:14 Última actualización 29/04/2023 20:31

Nesta ponte do primeiro de maio turistas e peregrinos enchen Galicia. O número de peregrinos está a bater unha nova marca este ano, xa que hai un 27 % máis de peregrinos dos que había no 2022 por estas datas. 

O venres chegaron a Santiago case 2.500 peregrinos, cifra que se espera que se multiplique nesta ponte. Moitas persoas escollen estas pequenas vacacións para facer o Camiño.

O Camiño primitivo do norte foi recoñecido como patrimonio da humanidade hai xa oito anos. Dá vida a lugares que estarían mortos sen el, sen o paso dos queridos peregrinos. Esta ponte de maio coincide co comezo da temporada forte para os camiñantes que xa se poden ver desde a Semana Santa. 

E moitos outros optan polo litoral. Esta ponte do primeiro de maio deixa nas Rías Baixas unha ocupación hoteleira de case o 80 % na fin de semana porque o luns xa descende considerablemente, ata o 50 %.  Son os balnearios e os hoteis que ofrecen talasoterapia os que chegan ao 100 % da ocupación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade