Cargando resultados...
A presenza de niveis altos de E. coli desaconsella o baño na praia de Oza da Coruña
A presenza de niveis altos de E. coli desaconsella o baño na praia de Oza da Coruña
A bacteria xa impedira que ondeara a bandeira azul entre 2014 e 2018
G24.gal
06/08/2022 14:28
Última actualización 06/08/2022 14:44
Na praia de Oza ondea a bandeira amarela e os socorristas recomendan evitar o baño. A causa é a presenza da bacteria E. coli, que se detectou en niveis moi elevados nas análises realizadas hai dous días
A situación mellorou desde o xoves. Daquela o Concello da Coruña izou a bandeira vermella e o baño quedou prohibido. As últimas análises realizadas polos técnicos de medio ambiente deixan valores máis discretos e da prohibición pasouse á recomendación.
Os niveis de E. coli obrigaron a retirar temporalmente o distintivo de calidade da praia. A presenza desta bacteria foi a responsable de que o areal de Oza quedara sen bandeira azul entre os anos 2014 e 2018.