Detectan a presenza de mosquito tigre nun colexio de Vigo
Detectan a presenza de mosquito tigre nun colexio de Vigo
Profesores e alumnos do CEIP Emilia Pardo Bazán sufriron as picadas deste insecto
O centro xa tomou medidas para reforzar a desinfección
O mosquito tigre converteuse nun serio problema no colexio Emilia Pardo Bazán. Suponse que o foco está nuns arbustos. No centro comezaron a actuar despois de detectalos nas aulas. No só atacaron os profesores, tamén os nenos están a sufrir as picadas.
Dende a colexio enviaron información aos pais e nais e están a levar a cabo labores de limpeza en arquetas e canlóns para frear a súa expansión. Con todas estas medidas os pais están en alerta pero tranquilos.
O mosquito tigre segue estendéndose polo sur de Galicia, dende a súa primeira localización en Moaña. No Chouzo comezaron a loita contra este insecto que parece que chegou para quedar.