Publicador de contidos
Publicador de contidos

A principal hipótese do accidente de autobús en Barcelona é que o condutor quedou durmido

A principal hipótese do accidente de autobús en Barcelona é que o condutor quedou durmido

Imaxe do autobús accidentado en Pineda, Barcelona (Europa Press) Imaxe do autobús accidentado en Pineda, Barcelona (Europa Press)
G24.gal 17/07/2024 14:19

A principal hipótese da causa do accidente dun autobús que transportaba uns 50 traballadores de Inditex na estrada C-32 en Pineda de Mar (Barcelona) é que o condutor adormeceu ao volante, segundo fontes coñecedoras explicaron a Europa Press este mércores.

Segundo as primeiras pescudas, esta podería ser a causa, aínda que continúa aberta a investigación, segundo avanzou Ser Catalunya.

As mesmas fontes engadiron que o condutor deu negativo na proba de alcol e na de drogas.

O autobús quedou a 45 graos de elevación e impactou contra a entrada do túnel entre Pineda de Mar e Tordera (Barcelona), e a estrada estivo pechada todo o día.

Catro feridos continúan graves 

Como consecuencia do accidente, 47 persoas quedaron feridas de diversa consideración, aínda que a maioría xa recibiron a alta, mentres que catro pasaxeiros seguen en estado grave.

Trátase dunha muller de 28 anos, que está ingresada no Hospital da Vall d'Hebron de Barcelona cunha lesión medular grave; un home de 40 anos, no Hospital Germans Trias i Pujol (Can Ruti) de Badalona (Barcelona), e unha muller de 40 anos e un home de 28, no Doctor Trueta de Xirona.

O condutor do autobús, que estaba en Can Ruti, xa recibiu a alta, e outros dous feridos leves foron trasladados a outros centros.

No Hospital Doctor Trueta de Xirona, ademais das dúas persoas feridas graves, quedan dous pacientes máis feridos leves: unha muller de 32 anos e unha de 40, mentres que nos hospitais de Blanes (Xirona) e Calella (Barcelona) xa non hai ningún ferido ingresado.

No Hospital de Mataró (Barcelona) este martes pola tarde entrou en Urxencias unha persoa máis —ata un total de 12 pacientes atendidos—, foron dadas de alta 11 persoas e só queda unha ingresada en observación con "risco vital leve".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade