A prisión catro dos detidos na operación contra o narcotráfico na Costa da Morte e o Salnés
A prisión catro dos detidos na operación contra o narcotráfico na Costa da Morte e o Salnés
Os outros cinco detidos foron postos en liberdade, coa prohibición de saír do territorio nacional, e retiráronlles o pasaporte
Ascenden a 10 os detidos no operativo contra narcotráfico na Costa da Morte e O Salnés
O xuíz do Xulgado de Instrución número 1 de Corcubión decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza de catro dos detidos no operativo contra o tráfico de drogas desenvolvido, o mércores, na área do Salnés, Fisterra e Carballo.
Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os outros cinco detidos foron postos en liberdade, coa prohibición de saír do territorio nacional e retiráronlles o pasaporte. Ademais, deberán comparecer cada 15 días no xulgado.
Todos eles están investigados por un delito contra a saúde pública. O operativo, desenvolto pola Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco), saldouse con 10 detidos.
Así, tal e como confirmou na xornada do mércores o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, un dos dez detidos quedara xa en liberdade.
Na operación practicáranse varios rexistros e neles os axentes incautáronse de diversas cantidades non especificadas de cocaína e haxix. As persoas enviadas a prisión serían os membros da rede encargados de transportar as drogas. Todos eles están investigados por un delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas.