Cargando resultados...
A procesión da burriquiña inaugura a Semana Santa de Vigo
A procesión da burriquiña inaugura a Semana Santa de Vigo
Comezou na parroquia de María Auxiliadora e rematou nunha Porta do Sol xa completamente reformada
G24.gal
02/04/2023 14:13
Última actualización 02/04/2023 14:45
As grandes procesións da Semana Santa de Vigo comezaron coma noutros lugares de Galicia coa da burriquiña, a que representa a entrada de Xesús en Xerusalén, montado sobre un burro e aclamado pola multitude.
O percorrido deste 2023 foi o habitual, comezou na parroquia de María Auxiliadora e rematou nunha Porta do Sol xa completamente reformada. Alí vimos a clásica imaxe dos ramos en alto para a súa bendición.
O ritual repetiuse na igrexa neogótica de Santiago de Vigo, onde se celebrou unha misa.