Publicador de contidos

Publicador de contidos

A procesión da virxe da Esperanza percorre a zona vella de Santiago

A procesión da virxe da Esperanza percorre a zona vella de Santiago

É unha procesión na que participan moitos nenos e nenas

G24.gal 13/04/2025 20:32 Última actualización 13/04/2025 20:45

A procesión da virxe da Esperanza partiu minutos despois das seis da tarde deste Domingo de Ramos da capela das Ánimas de Santiago para percorrer parte da zona vella da cidade.

É unha procesión na que participan moitos nenos e nenas. De feito, a confraría da Esperanza naceu co obxectivo de fomentar a presenza da xente máis nova na Semana Santa compostelá.

Precedida por música da banda de tambores da propia confraría, a Virxe é portada exclusivamente por mulleres. A súa talla, que foi restaurada en 2015, data de 1.877 e conserva os bordados da súa vestimenta orixinal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade