Publicador de contidos
Publicador de contidos

A recollida de envases de vidro en Galicia en 2023 superou as 49.700 toneladas

A recollida de envases de vidro en Galicia en 2023 superou as 49.700 toneladas

Galicia ten unha das mellores taxas de recollida en colectores de España

G24.gal 01/03/2024 19:20 Última actualización 01/03/2024 19:50

Nun contexto de caída do consumo e xeración de envases de vidro, en 2023 os galegos depositaron no colector verde máis de 49.700 toneladas deste residuo.

Son 18 quilos e medio por persoa. Lixeiramente por debaixo da media española.

"Cando se lle poñen os medios a disposición o cidadán separa nas súas casas, leva o vidro ao colector. Temos unha das mellores taxas de recollida en colectores de España", resalta Germán Fernández, xerente de Ecovidrio en Galicia.

Por provincias é a da Coruña a que lidera a recollida selectiva de vidro.

Por cidades, destaca o caso de Santiago de Compostela que con máis de 28 quilos de vidro recollido por habitante sitúase como a cidade máis recicladora de toda Galicia e a terceira de España.

É o resultado da colaboración entre administracións, cidadanía e hostalería, sector do que proceden o 50 % dos envases que hai no mercado.

Unha liña de traballo que se quere seguir reforzando.

"En poñer medios en disposición do sector para que teñan colectores onde levar o vidro que xeren nos seus negocios e para que teñan tamén medios para almacenar ese vidro a través de cubos. E tamén a través de campañas de sensibilización", explica Germán Fernández.

En Galicia a reciclaxe de vidro evitou a emisión dunha cantidade de CO2 equivalente a percorrer máis de 210.000 veces a distancia en coche entre Barcelona e A Coruña.

Para Germán Fernández eses datos confirman que "somos un exemplo de economía circular grazas aos galegos e somos un exemplo de loita contra o cambio climático".

De residuo a materia prima de novos envases. En España a taxa de reciclaxe de vidro é do 70 %, supera xa os obxectivos marcados por Europa para 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade