Publicador de contidos
Publicador de contidos

A remonta do Arenteiro non se completa en Tarazona

A remonta do Arenteiro non se completa en Tarazona

Os de Jardiel melloraron na segunda metade tras comezar perdendo, pero non conseguiron igualar o marcador

G24.gal 25/08/2024 21:25 Última actualización 25/08/2024 22:01

O novo Arenteiro debutou no Municipal de Tarazona para inaugurar a súa temporada 2024/2025. Un equipo que botaba de menos a ídolos do pasado como Luis Chacón ou Javi Rey viuse lastrado nos primeiros intres. Nunha xogada con moita desgraza adiantáronse os locais no minuto 26'. O gol anotouse para Areso, pero tivo toda a fortuna tras caerlle o rebote nunha ocasión moi clara ante o porteiro. Minutos despois, o Tarazona ampliou distancias no 36 grazas a Cubillas. Nese momento os de Jardiel non mostraban sinais de remonta. 

Á volta dos vestiarios o conto cambiou e o Arenteiro, que se ben non comezou como un furacán, foi collendo forza co paso dos minutos. Decisiva foi a xogada de Diego Gómez meténdose polo lateral da área rival e poñéndolle gol en bandexa a Nacho Ramón. Corría o minuto 58 para un Arenteiro que tería que remontar nesa media hora. Intentouno con todo, dominando o balón e buscando sorprender á defensa do Tarazona. 

Os ourensáns intentárono, pero o tempo non foi dabondo. As súas últimas esperanzas morreron nunha grande ocasión de Marquitos, que enviou o balón lambendo o pau cando xa saboreaba o empate.

Desta maneira o Arenteiro inicia a competición derrotado en Tarazona. Seguinte partido, o primeiro na casa, recibindo a Cultural Leonesa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar