Publicador de contidos
Publicador de contidos

Resposta ao narcotráfico do século XXI: máis tecnoloxía e xulgados especializados

Resposta ao narcotráfico do século XXI: máis tecnoloxía e xulgados especializados

O branqueo das organizacións pasou da ostentación familiar aos paraísos fiscais

O alto nivel tecnolóxico das redes require dunha especialización xudicial e policial

Alixo de cocaína interceptado por Vixilancia Aduaneira
G24.gal 01/04/2023 14:20 Última actualización 01/04/2023 14:54

Especialistas na loita contra o tráfico de drogas reúnense este sábado en Pontevedra despois de constatarse a repunta da actividade marítima e de detectarse o laboratorio de cocaína en Cerdedo-Cotobade.

Vixilancia aduaneira leva anos detectando unha maior especialización nas organizacións de narcotraficantes que operan en Galicia introducindo a droga por vía marítima con novos medios de transporte e en colectores.

Pero outra vía fundamental de investigación que constata o aumento de droga é o branqueo de capitais que cambiou radicalmente.

"Hai 20 anos tiñamos un branqueo doméstico. Era habitual en familias que sen ningún tipo de rubor facían ostentación das ganancias que tiñan coa actividade do narcotráfico, con casas de luxo nas nosas costas. Agora o que temos son os paraísos fiscais e toda a enxeñería financeira internacional para desviar todos estes fondos", asegura Fernando Iglesias, xefe de vixilancia aduaneira de Galicia.

Isto require dunha especialización tecnolóxica e de ámbito transnacional por parte do servizo de vixilancia que a miúdo fai máis complexas as investigacións. Algo que se constata tamén no ámbito xudicial, con operacións que caen en xulgados mixtos, non especializados e de localidades costeiras con recursos limitados. 

"A estes xulgados preséntanselles operacións en que aparecen grupos organizados, bandas moi ben estruturadas, persoas que teñen un moi alto nivel tecnolóxico para vulnerar os dereitos fundamentais. E para facer unha investigación minuciosa vense obrigados a facer unha actividade moi extraordinaria á usual. O idóneo, de entrada, sería que fosen xulgados instrutores exclusivamente e que non tiveran esa competencia civil", explica Juan Carlos Aladro, fiscal xefe de Pontevedra.

O fiscal xefe de Pontevedra insiste en que a resposta xudicial a estes casos está sendo a axeitada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade