Cargando resultados...
A ría de Noia despediu anticipadamente a súa peor campaña de marisqueo
A ría de Noia despediu anticipadamente a súa peor campaña de marisqueo
1.700 profesionais deixaron de mariscar apenas dez días despois de comezaren a actividade
Só o 60 % deles poderán acollerse ás axudas compensatorias
G24.gal
28/10/2023 15:00
Última actualización 22/10/2023 21:55
Na ría de Noia non lembran unha campaña marisqueira tan mala coma a deste ano. Máis do 80 % do berberecho morreu. A confraría achaca a mortaldade ao baixisímo nivel de salinidade da auga.
Din que a causa principal é o baleirado de auga doce procedente do encoro do Tambre. Ante a escaseza de capturas e para protexer a semente que queda nos bancos marisqueiros, o pósito decidiu parar a actividade.