Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Romaría da Franqueira celebra o seu día grande

A Romaría da Franqueira celebra o seu día grande

A tradición marca que hai que pasar por baixo do carro de bois onde a imaxe da Virxe sae en procesión

G24.gal 08/09/2023 14:30

Máis de oito horas seguidas camiñando para chegar ao santuario de Santa María da Franqueira no seu día grande. Os fieis chegan cumprir promesas ou pedir favores dende distintos puntos de Galicia e Portugal.

Seguindo a tradición, agardan para pasar por baixo do carro de bois onde a imaxe da Virxe sae en procesión. A devoción repítese cada ano con milleiros de asistentes. É un dos días grandes da Franqueira. O outro é na coñecida como Romaría das Pascuíñas. 

E como en toda boa romaría, non faltan nin o polbo á feira nin o churrasco para completar a xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade