Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rotura dunha tubaxe provoca unha riada nun barrio de Ourense

A rotura dunha tubaxe provoca unha riada nun barrio de Ourense

Unhas obras no barrio de Barrocás sorprenderon os veciños

G24.gal 02/08/2023 16:41

Foi unha mañá axitada no barrio de Barrocás, en Ourense. Uns obreiros romperon accidentalmente unha tubaxe de administración que dá servizo a 37 vivendas do barrio, o que provocou que auga correra rapidamente rúa abaixo. 

A riada arrastrou pedras e terra da mesma obra, ata a mangueira e as ferramentas dos propios obreiros. En cuestión de minutos, aseguran os veciños, estaba todo anegado.

A máis afectada foi a rúa San Mamede, que conduce, costa abaixo, ata o complexo hospitalario de Ourense. Desde balcóns e ventás os veciños foron testemuñas da avalancha.

Segundo informan desde Viaqua, concesionaria de augas, contan con que as vivendas volvan ter auga esta tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade