A salvo o regatista francés Erwan Thibouméry tras ser rescatado en augas galegas
A salvo o regatista francés Erwan Thibouméry tras ser rescatado en augas galegas
Oarticipaba nunha regata en solitario desde Francia cara ás Antillas, La Route du Rhum
O trimarán acabou embarrancado na praia de Ladeira, en Corrubedo.
Salvamento Marítimo rescatou na madrugada deste martes ao regatista francés Erwan Thibouméry, que participaba na regata La Route du Rhum a bordo dun trimarán e dirixíase á Coruña tras sufrir problemas nas velas e no motor, informou a web oficial da regata.
Salvamento Marítimo informou de que o barco quedou sen enerxía a bordo e, tras pedir asistencia, o Centro de Coordinación de Salvamento Finisterre mobilizou a embarcación Salvamar Sargadelos, que tentou darlle remolque en reiteradas ocasións sen conseguilo.
A meteoroloxía adversa e a nocturnidade fixeron imposible o operativo de remolque e o trimarán acabou embarrancado na praia de Ladeira, en Corrubedo.
O Helimer 402 rescatou o único tripulante da embarcación en bo estado, sen que necesitase asistencia médica, e trasladouno ao Aeroporto de Alvedro, onde o helicóptero aterrou ás 5 da madrugada.