A sardiña, a raíña do verán, segue a estar moi demandada
A sardiña, a raíña do verán, segue a estar moi demandada
Hai moita cantidade e de moi boa calidade
Mantén o prezo de cinco euros desde hai dous meses
Malia que o refraneiro popular di que polo San Xoán a sardiña molla o pan, a destes últimos días de agosto non lle ten nada que envexar.
"A partir do 25 de xullo é cando está mellor. Boa está sempre, pero máis rica", comenta unha vendedora.
E por iso está a ser moi demandada.
"A xente segue mercándoa, tanto para facer fóra como na casa. Outros anos dicían que na casa non porque cheiraba, pero agora si que as fan. Será para darlles envexa aos veciños...", di unha peixeira da praza de Lugo.
Cantidade non falta. E amais vai a bo prezo.
"Desde o San Xoán estamos vendéndoa a cinco euros o quilo". "Pode ir algún día a sete euros se non entrou moita, pero o seu prezo é entre cinco e seis euros o quilo", aseguran varias vendedoras do mercado.
O caso é que aínda queda tempo para seguir consumindo este peixe azul. Os vendedores calculan que, polo menos, un mes máis.