Publicador de contidos
Publicador de contidos

A seca afecta os encoros galegos, que teñen unha reserva do 64 %

A seca afecta os encoros galegos, que teñen unha reserva do 64 %

Neste momento só está en alerta o de Cecebre, que se atopa por debaixo do 45 %

Pero tan preocupante coma a situación dalgúns encoros son os territorios que se abastecen dos ríos

G24.gal 08/10/2023 14:20 Última actualización 08/10/2023 14:45

Os encoros teñen unha reserva dun 64,44 %. É unha situación semellante á do ano pasado, pero por debaixo da media e a repartición non é igual en toda Galicia.

"A zona sur que se abastece do encoro de Eiras, Vigo, está en normalidade. As zonas do Tambre e o do Ulla tamén están en normalidade. Neste momento temos só un estadio en alerta, que é o que se abastece do encoro de Cecebre, que está por debaixo do 45 % e que acaba repercutindo non só na cantidade, tamén na calidade da auga", di Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia.

Pero tan preocupante coma a situación dalgúns encoros son os territorios que se abastecen dos ríos.

"E aí os caudais si que neste momento son moi baixos, mínimos de río, en lugares como no Anllóns, en lugares como Pontevedra que se abastecen directamente dun río, que non teñen unha masa de auga acumulada, pode ser problemático", engade Teresa Gutiérrez.

Desde que se dá a situación de escaseza de auga nalgunha zona, a oficina da seca de Augas de Galicia reúnese cada quince días para avaliar novamente todos os indicadores, dar os avisos e reunirse cos concellos afectados para acordar medidas de aforro. 

Este luns haberá unha nova avaliación da oficina da seca e valorarase se algún outro territorio podería pasar da prealerta a alerta, ademais do da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade