Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección de balonmán acada unha agónica clasificación para os cuartos de final

A selección de balonmán acada unha agónica clasificación para os cuartos de final

O equipo do cangués Rodrigo Corrales precisaba un triunfo diante de Croacia e gañou pola mínima 32-31

G24.gal 04/08/2024 22:56

A selección española de balonmán sufriu ata o último intre, pero acadou a clasificación para os cuartos de final grazas á súa vitoria por 32-31 sobre Croacia. O equipo no que xoga o porteiro de Cangas Rodrigo Corrales enfrontarase a Exipto na eliminatoria que pode dar acceso á loita polas medallas. 

Foi un partido de constantes alternativas. Comezou moi ben España (8-4) pero Croacia, que tamén se xogaba a vida conseguiu igualar. Volveron os españois a coller unha vantaxe que chegou a ser de ata cinco goles (20-15) no tempo de descanso.

No recomezo volveu apertarse o partido (20-18) e esa foi a dinámica ata o final do encontro. Diferenzas mínimas a prol da selección española que aguantaba a presión croata. O equipo balcánico chegou a empatar no último minuto pero precisaba un último gol e os riscos que tomou permitíronlle a Aleix Gómez marcar o tanto definitivo que selaba o pase de España como terceira de grupo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade