Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Semana Santa cobra vida en Paradela

A Semana Santa cobra vida en Paradela

Queren conseguir que a Semana Santa de Paradela sexa un evento de interese turistico nacional

G24.gal 07/04/2023 14:59

Son veciños de Paradela que cada Semana Santa cumpren cunha tradición secular. 

Funden en Meis a liturxia co teatro. E fano co empeño de darlle o maior realismo posible.

"Que a xente sinta o que transmitimos, nos últimos momentos de Xesús. E preparámonos fisicamente e sobre todo mentalmente para meternos no papel e darlle eses sentimentos, e integrarte", di Marcos, que leva 11 anos representando o papel de Xesucristo.

É Venres Santo e toca representar o xuízo de Pilatos, a flaxelación e a subida ao monte da Croa, para a crucifixión.

A posta en escena está moi coidada, o vestiario e os diálogos traballados..., o resultado conmove o público.

Un esforzo que converteu a Semana Santa de Paradela en evento de interese turístico autonómico. Os veciños aspiran que acade a categoría de Nacional sendo fieis ao significado das pasaxes bíblicas que representan, como explica un dos actores que, di, o vive "con moita devoción"

As representacións seguirán ata o domingo, porque escenifican cada momento importante da Semana Santa. Desde a entrada de Xerusalén, a paixón e morte e tamén a alegría do Domingo de Resurreción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade