A Semana Santa enche Ferrol de visitantes malia as previsións de mal tempo
A Semana Santa enche Ferrol de visitantes malia as previsións de mal tempo
Os hoteis do centro da cidade rozan o cheo de ocupación
A Semana Santa é unha das mellores épocas para a hostalería
Ferrol encara o remate da Semana Santa, que este ano fai unha década como evento de Interese Turístico Internacional.
"É unha marabilla ver as rúas con tanta xente, veñen moitos amigos de fóra. É estupenda esta época aquí".
Para a cidade é un dos acontecementos con maior relevancia económica, estimada nun 40 millóns de euros. Sen coñecer cifras definitivas, estaba previsto que atraera uns 300.000 visitantes, podendo acadarse unha ocupación case do cen por cento nos hoteis máis céntricos.
"Esta Semana Santa foi moi boa, chegamos ao 95 % practicamente o mércores, xoves, venres e hoxe sábado. En xeral, moi contentos. É unha época moi boa, igual que no verán, en agosto".
Houbo poucas cancelacións debido á chuvia, que se foron suplindo. O perfil do visitante é xente que traballa fóra ou que ten familia na cidade.
"Viñemos hai dous meses e estaba máis baleiro, agora hai máis xente, máis vida, entrar nos bares é máis difíciles, pero gózase máis".
"Vivín en León moito tempo, volvín e foi o mellor que fixen".
"A min gústame moito. Para vir pasar unha semana ou dez días, descansar, desconectar da cidade".
"Coa cantidade de poboación que perdeu Ferrol é unha maneira de acordarse dos bos tempos. A metade da xente que ves, nótaslle que era de aquí pero que está fóra e volve. A min encántame".