Publicador de contidos
Publicador de contidos

A socialista Inés Rey renova o seu mandato na Coruña co apoio do BNG

A socialista Inés Rey renova o seu mandato na Coruña co apoio do BNG

Na sesión de investidura tivo quince votos, os once concelleiros do PSdeG-PSOE e os catro do BNG, pero non haberá goberno bipartito na cidade

Inés Rey repite como alcaldesa da Coruña
G24.gal 17/06/2023 13:32 Última actualización 17/06/2023 14:59

Non houbo sorpresas na sesión de constitución da corporación municipal da Coruña, Inés Rey manterá o bastón de mando na Coruña e outra vez en minoría. As negociacións remataron con reproches cruzados. A nova corporación municipal contará con tres grupos.

O do Partido Socialista, con once edís, o do Partido Popular, que será o máis numeroso con doce actas, e o do BNG, que terá catro concelleiros que foron os que permitiron a investidura de Inés Rey como alcaldesa. Son quince apoios en total.

Continuará catro anos máis á fronte do goberno local con once concelleiros, dous máis que en 2019, e co apoio necesario dos catro edís do Bloque Nacionalista Galego, impresicindible para que o bastón de mando da cidade non cambiase de mans. 

O BNG e o PSOE materializaron no salón de plenos de María Pita o acordo de investidura asinado o mércores pasado que fará posible este segundo mandato de Inés Rey, de novo en minoría, en solitario. Non haberá bipartito na Coruña.

Os nacionalistas advertiron que fiscalizarán desde a oposición todas e cada unha das accións de goberno, unha oposición na que tamén estará o Partido Popular de Miguel Lorenzo, que, con doce concelleiros, quedou a dúas actas da maioría absoluta e foi a forza máis votada nas eleccións municipais.

Comeza unha nova lexislatura, a que recupera, oito anos despois, a corporación tricolor. Marea Atlántica e Ciudadanos non conseguiron o respaldo da cidadanía e xa non estarán en María Pita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade