Publicador de contidos
Publicador de contidos

A suba do gas aboca a subir as cotas nas comunidades de propietarios

A suba do gas aboca a subir as cotas nas comunidades de propietarios

Os edificios con calefacción central serán as que máis noten a suba

Buscarán medidas de eficiencia e aforro enerxético nas comunidades

 

 

G24.gal 12/09/2022 14:44

Prevese un inverno complicado nas comunidades de propietarios. A suba da luz nótase xa na factura, pero agora hai que encher de gas ou gasóleo as calefaccións, e iso suporá aumentar as cotas, sobre todo nos edificios con caldeira central.

"O gasto da calefacción supón un terzo dos gastos nas comunidades. Se o combustible sobe o dobre, como pasa co gasóleo agora mesmo, bota números do que vai subir", di Martín Bermúdez de la Puente, presidente do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia.

Nun contexto incerto con prezos volátiles, as comunidades buscan medidas de aforro na calefacción. Caldeiras máis eficientes, instalación de contadores individuais son algunhas das opcións, aínda que as máis inmediatas serán poñela menos tempo a menos temperatura.

A baixada do IVE do gas do 21 ao 5 % aliviará a situación, pero non o suficiente, segundo os administradores, que piden que as comunidades poidan acceder ás tarifas máis baratas do mercado doméstico.

"Malia ser unha compra comunitaria de gas o consumo faise en fogares, pero se lles considera grandes consumidores e teñen que pagar tarifas máis caras", explica Martín Bermúdez.

Ademais, a suba do IPC encarecerá a prestación de servizos de limpeza, seguridade ou mantemento de ascensores nas comunidades de veciños.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade