A TVG volve ser líder de audiencia, con case un 13,5 % de cota de pantalla
A TVG volve ser líder de audiencia, con case un 13,5 % de cota de pantalla
Entre os programas máis vistos da xornada destacan o Land Rober e tamén o Telexornal Mediodía
En distintas franxas horarias, incluídas as de máxima audiencia, onte a Televisión de Galicia volveu ser a canle máis vista na nosa comunidade, acadando un 13,4 por cento de cota de pantalla.
Entre algúns deses programas máis vistos, destacan os informativos do mediodía. O Telexornal foi líder, cun 21,9 % de audiencia, marcando así unha vantaxe de máis de seis puntos con relación ao seu competidor inmediato.
E o programa anterior, o Galicia noticias tamén foi dos espazos máis vistos na súa franxa horaria con máis dun 24 % de cota de pantalla de media. E a eles súmanse outros programas divulgativos que tamén poxaron por estas boas cifras como son Quen anda aí e Hora galega.
E xa na franxa da noite, 332.000 espectadores viron o presidente da Xunta, Anfonso Rueda no Land Rober. O programa de Roberto Vilar tamén bateu marcas, acadando unha cota de pantalla do 16 %, avantaxando así en máis dun punto o que foi o segundo programa máis visto na nosa comunidade.