Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Terra asombra a Lúa, na eclipse máis longa en séculos

A Terra asombra a Lúa, na eclipse máis longa en séculos

Cunha duración de máis de seis horas, ningunha eclipse lunar se prolongara tanto tempo desde 1440

A eclipse vista no ceo da Coruña
G24.gal 19/11/2021 10:42

Coincidindo coa lúa chea, este 19 de novembro, o noso satélite está tan preto do Sol no ceo que pasou pola parte sur da sombra da Terra para crear unha eclipse lunar case total.

Será o máis longo desde 1440, cunha duración de pouco máis de 6 horas, e o seu paso a través da parte máis escura da sombra da Terra prolongarase 3 horas, 28 minutos e 23 segundos.

Os primeiros en admirar este fenómeno astronómico foron observadores en América do Norte e gran parte de América do Sur.

Observación desde Galicia

En Galicia as boas condicións meteorolóxicas permitiron observar a eclipse parcial de Lúa practicamente desde calquera lugar do país, aínda esa visibilidade reduciuse apenas a uns minutos, antes de que ou satélite desaparecese tras o horizonte.

Foi Galicia un dos mellores lugares do territorio peninsular para observar este fenómeno, que se puido observar a simple vista desde pouco despois das 8:15 da mañá. Pero foi por pouco tempo porque que ás 8:32 a Lúa meteuse polo horizonte da costa atlántica.

A próxima cita co ceo para ver un fenómeno coma este será o próximo 16 de maio, cando se vai producir unha eclipse total de Lúa que, se as condicións meteorolóxicas "son tan boas" como as deste venres, si permitirá observar todas as fases deste proceso.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade