Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tortilla de patacas do restaurante O Cabo da Coruña, a mellor de España

A tortilla de patacas do restaurante O Cabo da Coruña, a mellor de España

A cafetería Ankha, de Ferrol, fíxose co terceiro posto do concurso

G24.gal 30/09/2024 09:41 Última actualización 30/09/2024 10:28

A mellor tortilla de patacas de España faise na Coruña. É a do restaurante O Cabo, situado na céntrica rúa Picavia, que se alzou este domingo co primeiro premio do Campionato de España celebrado na feira Alicante Gastronómica.

A tortilla do Cabo superouse deste xeito a si mesma, despois de acadar o segundo posto na edición do ano pasado. O podio desta vez completárono unha taberna madrileña, que quedou en segundo lugar, e outro local galego, a cafetería Ankha, situada en Ferrol, que obtivo o terceiro posto

O certame leva celebrándose xa 17 anos e non é a primeira vez que o triunfo é para unha tortilla galega: no 2022, sen ir máis lonxe, foi para o mesón O Pote de Betanzos

Este evento culinario, celebrado no recinto feiral de Fira Alacant, en Elx, coroou O Cabo nesta especialidade nunha final con case unha vintena de aspirantes de sete comunidades autónomas.

O cociñeiro Ramón Rodríguez remuda a Pedro José Román, de Cañadío (Cantabria), que obtivo este título en 2023. O chef da Coruña embolsa con este galardón 3.000 euros.

Rodríguez elaborou “unha tortilla moi sinxela", segundo el mesmo explicou, "que non ten nada de especial, que gusta a todos” e sinalou que “o máis difícil foi a competencia e o gran nivel de todos os participantes”.

Tortilla de patacas do restaurante O Cabo, elaborada durante a emisión do programa 'Quen anda aí?' Tortilla de patacas do restaurante O Cabo, elaborada durante a emisión do programa 'Quen anda aí?'

O equipo que liderou polo cociñeiro do Cabo espera e confía en que o público e clientes valore este premio, que “supón un gran recoñecemento a todos os anos de traballo que levamos acumulados neste mundo da gastronomía”.

O presidente do xurado, Rafael García Santos, asegurou que houbo un “alto nivel” e que un gran número de tortillas superou a puntuación de oito, “o que demostra a dificultade de determinar o campión desta edición”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos