Publicador de contidos
Publicador de contidos

A toxina atrasa o comezo da campaña marisqueira na ría de Muros-Noia

A toxina atrasa o comezo da campaña marisqueira na ría de Muros-Noia

O clima cálido fai que prolifere a toxina e só un cambio de tempo aliviará a situación

Máis de 1.600 mariscadores e mariscadoras terán que agardar o resultado das análises
G24.gal 23/09/2022 13:49

Os máis de 1.600 mariscadores e mariscadoras que traballan na ría de Muros-Noia van ter que esperar polo menos ata a semana que vén para comezar a traballar, todo vai depender do tempo.

E o que semella un mal inicio de campaña ten o seu lado positivo no produto que teñen nos areais. Segundo os controis que fai a confraría de Noia, hai cantidade de bivalvo e boa calidade.

Aínda que moitos están preparando as embarcacións, a presenza de toxina na ría obriga a atrasar o inicio da campaña marisqueira.

Como moi cedo, poderían saír o martes aos areais. Hai niveis de toxicidade superiores aos legalmente establecidos. Hai toxinas lipofílicas, as que afectan ao aparato dixestivo. Son necesarias dúas análises de dous días consecutivos con resultados negativos.

Está moi concentrada e imos ter para un anaco ata que non veña mal tempo, vento do sur e choivas fortes ou vento do norte con frío para que arrefríe a auga que está a vinte grados e iso axuda a que aumente a toxina e por iso temo a toxina lipofílica, temos que ter paciencia.

Este atraso non foi ben recibido no sector, que quere volver á actividade despois de medio ano. As perspectivas son boas, pois os controis constataron que hai moito bivalvo e de boa calidade.

Temos bastante berberecho, semellante ao ano pasado. Temos moita babosa este ano que xa hai anos que non tíñamos tanta, e temos moita xapónica tamén na zona do Cuncheiro. Temos o recurso pero tamén depende da toxina, das riadas, dos prezos, que o bivalvo estea cheo e hai moitos factores que inflúen para ter unha campaña moi boa.

O bivalvo está en óptimas condicións para a colleita. Se o atraso do inicio da campaña se prolongara, poden atrasar tamén o peche, mantendo a actividade nos bancos marisqueiros ata abril, cousas que xa aconteceu o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade