Publicador de contidos
Publicador de contidos

A TVG emite un documental sobre a dureza do traballo nos caladoiros de Terra Nova

A TVG emite un documental sobre a dureza do traballo nos caladoiros de Terra Nova

Despois do Tempo :" Os señores das redes" amosa a dureza do traballo dos heroes do mar nos inhóspitos caladoiros de Terra Nova

O traballo dos mariñeiros nun buque conxelador en Terra Nova
G24.gal 20/02/2022 11:45

Os caladoiros canadenses de Terra Nova e a pesca galega teñen unha historia en común desde o século catorce, aínda que parece que esa relación comeza a decaer.
 
 "Aquí había historicamente corenta ou cincuenta barcos, agora estamos dez ou doce’  asegura o capitán dun conxelador.

As campañas de pesca nesa zona do Atlántico Norocidental son moi duras. 

"‘Ves a vida perigar y ves accidentes y tes a desgraza de ver compañeiros morrer aquí’, di o capitán.

Mariñeiros con moitas campañas en Terra Nova ás súas costas contan o complexo de traballar alí.

"‘O esforzo físico que se fai é tremendo y tes que estar así durante meses" insiste un mariñeiro dun buque.

Ademais, nesta reportaxe coñeceremos a gran relación entre Galicia e esas augas de Terra Nova.

"Galicia historicamente viviu do mar. O que lle deu a vida a Galicia foi o mar" incide o capitán do barco.

Se queren saber máis sobre as condicións da pesca nos caladoiros de Terra Nova non perdan o documental "Señores das redes" tras o espazo do Tempo na TVG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade