A UE lanza unha alerta sobre os envases que conteñen bisfenol A
A UE lanza unha alerta sobre os envases que conteñen bisfenol A
Está presente en latas de conserva ou refrescos e tamén en envases de plástico
Esta substancia química ten efectos prexudiciais no sistema inmunitario
A Autoridade de Seguridade Alimentaria da Unión Europea lanza unha alerta sobre os envases que conteñen Bisfenol A e a inxestión accidental desta substancia química.
Está presente en latas de conserva ou refrescos e tamén en envases de plástico. O seu consumo ten efectos prexudiciais no sistema inmunolóxico
O Bisfenol A é unha fonte de preocupación sanitaria para os consumidores de todas as idades. É o que advirten os científicos da Autoridade de Seguridade Alimentaria da UE.
Xa se sabía que este químico co que se fabricaban latas de conserva e refrescos ou botellas de plástico pasaba dos envases aos alimentos. Pero agora, a alerta é máis seria. Atoparon que esas pequenas cantidade afectan ao sistema inmunolóxico ao aumentar os glóbulos brancos do sangue, o cal provocaría a aparición de desordes no sistema ou inflamacións pulmonares alérxicas.
E os riscos aumentarían porque os efectos aparecen nos sistemas reprodutivos, metabólicos ou de desenvolvemento. A boa nova é que en España e en moitos países da UE está substancia xa está prohibida para usos alimentarios.