A UPG celebra os 60 anos cun congreso sobre o papel do nacionalismo soberanista
A UPG celebra os 60 anos cun congreso sobre o papel do nacionalismo soberanista
A organización actualiza os seus postulados políticos e vota os novos órganos de dirección
Definirán as liñas de intervención do nacionalismo soberanista no contexto actual do país
A Unión do Povo Galego celebra este domingo o seu congreso, en que analiza a situación política do nacionalismo galego e o papel da formación dentro do BNG, onde é maioritaria.
O partido revisa, no seu 60 aniversario, o traballo desenvolvido na transformación social do país e de loita pola soberanía.
O obxectivo do encontro é valorar como fortalecer a formación, incorporar máis xente ao seu proxecto político e deseñar as posicións do partido tanto no ámbito galego como no estatal e no internacional.
Os nacionalistas elixirán ademais a súa dirección para os próximos anos e o secretario xeral, un posto que ocupa a día de hoxe o deputado no Congreso, Néstor Rego.
"O obxectivo de toda a militancia do BNG, e a UPG está traballando activamente niso, é que o BNG chegue a conquistar a hexemonía social deste país, chegue a gobernar o antes posible e que se aproxime a ese obxectivo de termos unha Galicia con capacidade para decidir en función dos seus propios intereses", asegurou Rego.